Blogia
Andresadas

O clube das mulleres mortas

O clube das mulleres mortas Este é unha das mellores curtametraxes da iniciativa de hai motivo. coa banda sonora de Víctor Manuel, coa canción do mesmo título de fondo, vemos como transcorren os feitos. Un longo corredor no que predomina a cor branca. Un chan azul. Vemos como mulleres van andando por el e péchanse nos seus cuartos. De súpeto, esas cinco mulleres que paseaban por aí se unen para baixar as escadas, mentres Victor Manuel continua cantando: ás desamparadas, humilladas...

Nun cuarto todo de branco, vemos unha cama tamén branca, e o corpo inmóbil dunha muller, vendada de pés a cabeza. As cinco mulleres comezan a sacárlle toda a súa vendaxe, e as imaxes son cada vez máis duras. Vemos moratóns, cardenais, cortes, hinchazóns... Anos e anos de maltrato e opresión reflexados e plasmados nun corpo...

Xa o sabedes ¡Hai motivo!

0 comentarios